Presentación Alicia

Ola, chámome Alicia Tizón.

Actualmente estou estudando Educación Primaria, pero a miña formación é moito máis extensa. Son graduada en Comunicación Audiovisual, polo que o uso das Novas Tecnoloxías da Información é un tema que teño bastante dominado. A decisión de ser profesora tomeina de maneira meditada e ao ser a miña segunda carreira vou poder dedicarme a ela con moita máis madurez. A combinación das dúas carreiras que vou ter no meu currículum é algo moi interesante, pois creo que o manexo das TIC na actualidade debería abordarse dende pequenos nas aulas, para que os alumnos e alumnas creen conciencia crítica e sepan manexar a información en internet.
Ademais de todo isto tamén son Monitora de Ocio e Tempo Libre así que espero que os nenos e nenas que accedan ao blog teñan unha experiencia divertida.

Un saúdo e unha aperta!

Comentarios

Entradas populares