WordWall
Ola de novo a todos e todas!!! Aquí estamos unha semana máis.
Hoxe traémosvos unhas actividades elaboradas por nós, na plataforma de WordWall, para que aprendades interactivamente aspectos do noso aparello circulatorio.
Actividade 1. Verdadeiro ou falso.
O obxectivo desta actividade é que os alumnos e alumnas sepan diferenciar claramente os elementos do aparello circulatorio dos elementos dos outros aparellos do noso corpo, como o dixestivo, respiratorio, etc. Está planteada para o curso de 5º de Educación Primaria e pertence á asignatura de Ciencias da Natureza.
Actividade 2. Sopa de circulación.
Esta actividade consiste en buscar oito palabras relacionadas co aparello circulatorio. Os nenos e nenas deben leer unha pista que aparecerá á dereita e buscar na sopa de letras a palabra que corresponde. Despois de atopar a palabra terán que relacionar a palabra coa pista que apareceu antes.
Esta actividade está planteada para 5º de Educación Primaria e pertence á asignatura de Ciencias da Natureza.
Xa veredes que sinxelo resulta e poderedes poñer en práctica os vosos coñecementos!!
Comentarios
Publicar un comentario