O uso das novas tecnoloxías na aula.
As novas tecnoloxías permiten fomentar certas capacidades, actitudes e competencias nos axentes educativos como a motivación, interese, interactividade, cooperación, iniciativa e creatividade, comunicación, autonomía e alfabetización dixital e audiovisual.
Na actualidade estamos experimentando o cambio constante grazas o uso das TIC e isto ten que se ver reflectido nas escolas, pois non se trata só do uso das tecnoloxías, senón tamén dos cambios nas dinámicas de aula e das xerarquías na educación. A escola xa non é a única fonte lexítima do saber, agora internet acércanos a todo tipo de información e a labor dos profesores non debe ser a der transmitir información estanca, senón a de fomentar o pensamento crítico para saber xestionar toda a información á que temos acceso na actualidade. Ken Robinson é un dos pedagogos e autores máis relevantes na actualidade en canto as súas ideas no uso das TIC e a creatividade. Aquí pode verse unha conferencia na que aborda estos temas e que nos parece moi interesante.
Consideramos un desafío as necesidades de adaptación da escola ao novo mercado tecnolóxico e parécenos de moita importancia a preparación da conciencia crítica dos nenos para poder desenvolverse nun mundo sobrecargado de información. Pensamos que o máis importante en educación, en canto aos avances nas TIC, é ensinar a xestionar a información, fomentar a creatividade e educar en comunidade.
A día de hoxe as novas tecnoloxías seguirán estando presentes nas nosas aulas e empregáremolas como un medio que nos axudará a dar as clases de unha maneira máis dinámica e, ademais, como unha ferramenta que os alumnos comezarán a usar dende pequenos, de maneira que lles sirva de axuda para a súa vida futura. Somos conscientes de que os medios tecnolóxicos escasean en moitas escolas e que non todos os nenos teñen a oportunidade de acceder a un ardenador, por iso queremos que este blog poida servir de lectura en grupo e que os nenos compartan o ordenador e a experiencia en comunidade.
Este blog está pensado para fomentar a lectura online dos nenos e comezar a traballar habilidades de comprensión e de análise de información na rede. As novas tecnoloxías son un medio para alcanzar o fin que é ensinar e creemos que un blog é un espazo moi axeitado para que os nenos aprendan sobre temas concretos.
Comentarios
Publicar un comentario