O uso da tecnoloxía na vida cotiá
As compoñentes deste blog (Aldara, Lucía e Alicia) nacimos nunha sociedade onde a tecnoloxía estaba presente nas nosas vidas e fumos vendo como a medida que iban pasando os anos cobraba maior importancia, xa que hoxe en día é algo imprescindible.
A tecnoloxía na nosa educación foi de gran importancia, xa que moitas veces facilitounos a búsqueda de información e materiais cos que traballar, converténdose nun gran apoio para a nosa educación. Sen embargo, a labor dos profesores debe ser a de ensinar a contrastar esta información que temos a man e crear conciencia crítica nos alumnos para evitar a desinformación.
Tivemos a oportunidade de traballar con pizarras dixitais, aulas de informática e contar coa asignatura de TICs nos nosos centros e, a pesar das oportunidades que os avances tecnolóxicos nos permitiron, tamén creemos que teñen efectos negativos. Hoxe en día o uso das redes sociais é algo que está extendido de forma cotidiá nas nosas vidas, e existen estudios que demostran a relación da ansiedade co uso excesivo destas. Un uso incorrecto da tecnoloxía pode causar adicción e levar a trastornos psicolóxicos graves. A tecnoloxía é algo imprescindible na vida laboral na actualidade, e o máis importante é ensinar ás novas xeneración un uso correcto destas, para alertar dos perigos que conlevan o bullying e os trastornos psicolóxicos que poden provocar o uso excesivo dos aparellos electrónicos como o móvil ou o ordenador.
En resumo, as tres creemos que o uso das tecnoloxías (como pode ser este blog) é algo positivo, pero sempre de forma responsable e tratando de educar ás nenas e nenos nun uso adecuado da información.
Comentarios
Publicar un comentario